A festa medieval de Ribadavia, declarada de Interés Turístico Nacional.

Fundación Festa da Istoria

galego  |  español  |  english

Accesibilidade Accesibilidade      Mapa do sitio Sitemap  Versión RSS RSS

SECCIÓNS

Festadaistoria.com

Festa da Istoria  » festadaistoria.com » Portada » A Coordinadora »

Agregar a Facebook Agregar a Twitter

A COORDINADORA

Festa da IstoriaPresentación

A Coordinadora Festa da Istoria nace no ano 1991 grazas ó impulso e a ilusión dos habitantes de Ribadavia. Con ese mesmo espírito, pero actualizándose constantemente, traballou e traballa para robustecer e proxectar o mundo da Festa da Istoria.

 

Festa da IstoriaObxectivos

Festa da Istoria

A actual versión da Festa da Istoria é unha translación ó tempo da celebrada en Ribdavia ata o século XIX e que se encadraba nos festexos da Virxe do Portal, Patroa do Ribeiro.

Dentro dos obxectivos básicos da Festa da Istoria, sobresaen de sobremanera a recuperación de tradicións ancestrais e históricas, que formaron a propia historia de Ribadavia e da súa Bisbarra.

Neste ámbito, a Istoria permite coñecer oficios que hoxe en día están en decadencia ou xa esquecidos, tales como ferreiros, carpinteiros de armar, toneleiros, canteiros, cesteiros e un longo etcétera de tradicións artesanais populares de grande incidencia na historia económica de Galicia, sen esquecer a importancia do viño do Ribeiro.

Todo iso posibilita que a Istoria favoreza o turismo rural, monumental e cultural, ata cotas insospeitadas, con visitantes de toda Galicia e do resto do Estado Español nun número xa moi importante.

 

Festa da IstoriaIntegrantes

Festa da Istoria

A Coordinadora está composta por veciños a título individual e outros que representan diferentes organizacións culturais. Todos os membros da asemblea teñen un voto á hora de decisión.

O prazo para integrarse na Coordinadora é de tres meses, dende a convocatoria de nova constitución, alá polo mes de setembro de cada ano.

Os membros que compoñen a Coordinadora, asumen as distintas responsabilidades do acontecemento cultural, entre eles, e comezan a desenvolver cada actividade sobre a base do traballo realizado en anteriores edicións.

Os membros da Coordinadora Festa da Istoria e os adxuntos como Persoal Libre Asociado (PLA) para a edicón 2016 serán presentados axiña

Fundación Festa da Istoria: Rúa Escobetes 10 - 32400 Ribadavia (Ourense) - Teléfono: (+34) 988 476 022 - E-mail: info@festadaistoria.com

© 2010 Fundación Festa da Istoria - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Política de privacidade - Privado    //    Deseño e programación Grupo5.com