A festa medieval de Ribadavia, declarada de Interés Turístico Nacional.

Fundación Festa da Istoria

galego  |  español  |  english

Accesibilidade Accesibilidade      Mapa do sitio Sitemap  Versión RSS RSS

SECCIÓNS

Festadaistoria.com

Festa da Istoria  » festadaistoria.com » Portada » Novas »

Agregar a Facebook Agregar a Twitter

AS NOVAS

Data: 26/09/2016

I Aberto de Xadrez "Festa da Istoria 2016"

Festa da Istoria

O Sábado 24 de Setembro celebrouse en Ribadavia a 1ª edición do Aberto de Xadrez "Festa da Istoria 2016", baixo a organización da Coordinadora da Festa da Istoria de Ribadavia e coa dirección técnica do Club Xadrez Ourense.


O evento reuniu, no incomparable marco da Igrexa da Madalena, a 60 xadrecistas, na súa maior parte dos diferentes clubs de Galicia, pero tamén con participantes de fora da nosa comunidade como foi o caso do Mestre Arxentino Alfredo Cordero ou do xogadora da federación madrileña, Daniel Táboas que partía ademais co nº 1 do ránking inicial.


A confirmación do alto nivel medio dos dos participantes é que máis de 40 deles, dos 60 totais, contaban con ránking internacional.


O Evento contou con numerosos premios para os mellores clasificados de cada unha das tres categorías en litixio, ademais de obsequios conmemorativos para todos os participantes, ademais a organización dispuxo moitos regalos para ser sorteados entre todos os xadrecistas.


Os patrocinadores do evento foron: Termas de Prexigueiro, As Casiñas de Ribadavia, Pazo Carballo de Sampaio, Pazo de Esposende/Pazo de Ulloa, Casa Rurai de Pazos Hermos, Liberería Goyma de Ribadavia, Deportes Banathlon de Ribadavia, Casal de Armán, Viña Docampo, Restaurante Plaza de Ribadavia e Gastro Bar O Birrán de Ribadavia.


Na categoría Sénior o vencedor foi o actual campeón galego universitario e xadrecista do Club Xadrez Ourense, David Gómez Diéguez, con 6 dos 7 puntos posibles, seguido do Mestre do club Blanco e Negro de Madrid, Daniel Táboas. O bronce foi para o Mestre arxentino Alfredo Cordero, e completaron o podio David Torres Domínguez, do Club Sanxenxo e Jorge Fernández Vázquez do Club Xadrez Ourense.


En categoría Xuvenil o vencedor foi Adrián Gómez (Xadrez Ourense), seguido de Alejandro Cervigni do mesmo club, Raúl Martínez peña do Casa da Xuventude foi terceiro, Gabriel Roma do Xadrez Ourense obtivo o cuarto posto e Adrián Carpintero do Ramiro Sabel de Ponteareas foi quinto.


Xa en categoría Infantil o Xadrez Ourense copou o podio completo con Martín Gómez, Marcos Vázquez e Xacobe Conde.


Por Clubs o Xadrez Ourense foi o máis galardonado con 8 premios dos 13 en litixio.


Tanto a Coordinadora da Festa da Istoria como o Club Xadrez de Ourense queremos instaurar este Torneo na vila de Ribadavia, para que se siga realizando nos vindeiros anos.

Fundación Festa da Istoria: Rúa Escobetes 10 - 32400 Ribadavia (Ourense) - Teléfono: (+34) 988 476 022 - E-mail: info@festadaistoria.com

© 2010 Fundación Festa da Istoria - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Política de privacidade - Privado    //    Deseño e programación Grupo5.com