La Fiesta de la Istoria cuenta con su propia app, desenvolvida por la empresa del sector de las Tecnologías de la Información y la Comunicación Balidea. Ya puedes descargarla desde Google Play o APP Store.

APP

Con esta APP poderase identificar que actividades, que artistas ou que espectáculos están tendo lugar en tempo real, facilitando a localización no espazo a través do Mapa da Istoria que permite identificar cada actividade dentro do barrio xudeu de Ribadavia, permitindo o trazado de rutas para chegar ou o filtrado segundo as actividades que interesen. Ademais, dentro deste mapa virtual pódese consultar os distintos postos de artesanía e comida, os bancos, os monumentos, os baños etc.

Na app móstrase tamén todo o conxunto da programación a través dunha liña de tempo, así como un apartado de axenda onde se recollen as actividades levadas a cabo durante todo o ano, máis alá da fin de semana festiva.

A través da app accederemos unha serie de recomendacións e disporemos de toda a información relacionada coa localización de aparcamentos, a información das liñas de buses gratuítas e as paradas que se levarán a cabo para evitar as aglomeracións de tráfico na vila.

En caso de xurdir algún tipo de emerxencia desde a app localizarase de maneira rápida e sinxela todos os postos de emerxencia, tanto sanitarios como de seguridade existentes no recinto.

É unha aplicación gratuíta. Descárgaa xa!