Postos de artesanía

previous arrow
next arrow
Slider
ARTESANÍA

Dentro da celebración do evento os artesáns reflicten, cos seus quefaceres , os oficios que antigamente asolagaban as ancestrais rúas de Ribadavia. Existen dous tipos de artesáns dentro da festa: de demostración e de venda.

Demostración: Están situados nos lugares emblemáticos do casco histórico como o Castelo dos Sarmiento e a Alameda de Ribadavia e a súa función é a elaboración de produtos medievais como forma de divulgación daqueles oficios artesanais que actualmente se encontran en desuso ou perdidos e que dende esta fundación se queren potenciar.

Venda: Encóntranse situados ao longo das rúas do casco histórico e da Alameda e os seus produtos de venda pasan un estrito control por parte da fundación en canto a calidade e adecuación á época medieval.

Aquelas personas interesadas en traer o seu posto de artesanía á Festa da Istoria deben poñerse en contacto a través da dirección de correo electrónico: mercado@festadaistoria.com  no que se facilitará toda a normativa referente a este tema.

POSTOS

Un dos atractivos da festa son os postos de alimentación, no que se poderán degustar distintos tipos de comida durante todo o día. Atópanse distribuídos ao longo do casco histórico e tamén na zona da Alameda, estando obrigados a cumprir a normativa da festa, adecuando totalmente as súas infraestuturas ao estilo medieval.

Aquelas persoas interesadas en traer o seu posto de alimentación á Festa da Istoria deben poñerse en contacto a través da dirección de correo electrónico: mercado@festadaistoria.com  no que se facilitará toda a normativa referente a este tema.