Voluntariado

Un dos piares fundamentais desta festa é a grande labor do seu voluntariado. Máis de 500 persoas toman parte activa no evento , que abrangue dende a planificación e organización do mesmo, que levan a cabo os voluntarios membros  da Coordinadora da Festa da Istoria, ata a preparación e desevolvemento da enorme variedade de actividades que a conforman, tales como a pintura e colocación de bandeiras, a Voda Xudea e o seu coro, o grupo de percusión “Tabaleiros da Istoria”, o Xadrez humano infantil, o grupo de baile “Donas sen cabaleiros” e o Desfile de presentación, entre outras moitas  máis.

Toda aquela persona interesada en unirse ao voluntariado da festa pode facelo poñéndose en contacto a través da dirección de correo electrónico: yoly@festadaistoria.com.