Como moverse

O día da festa non é posible aparcar en ninguna das rúas principais da vila, polo que se habilitan zonas de aparcamento especiais en localización estratéxicas e ben sinalizadas.

Así mesmo, de forma complementaria, póñense en funcionamento cinco liñas de autobús gratuitas para facilitar a mobilidade dende as zonas de aparcamento e os arredores da vila hacia o centro histórico. A liñas da 1 á 4 están en funcionamento dende as as 10:00 horas da mañá ata as 22:00 horas da noite; e a liña 5, pensada para a asistencia ao torneo medieval, funciona dende as 18:00 ata as 21:30 horas.

A continuación detállanse os nomes e localizacións desas áreas de aparcamento así como das paradas das diferentes liñas de autobús. Se desexas ver os traxectos completos das liñas de autobús sobre o mapa podes descargar a APP da Festa da Istoria.