Cando é?

“Como cada ano a Festa da Istoria celébrase o derradeiro sábado de agosto aínda que dende uns días antes xa comezan e se recrean moitos eventos.

Esta ano a Festa da Istoria do 2022 será o sábado 27 de agosto e xa dende o venres 26 acontecerán moitas actividades. Consultade o programa oficial para estarvos informados en cada momento de que acontece ao voso redor e gozade da fermosa vila de Ribadavia e, por suposto, da súa Festa da Istoria.”

– Familia Arias Castro, veciños da vila de Ribadavia –