Estannos a chegar algunhas notificacións de participantes do concurso aos que lles chega unha mensaxe de error cando tratan de enviar os seus carteis vía email para participar no concurso de carteis deste ano 2025. A causa máis probable é que o erro se produza polo tamaño dos arquivos que se intentan adxuntar nos emails, polo tanto pregamos que todos aqueles que teñan problemas para enviarnos o seu cartel por email, nolo remitan utilizando outros medios de intercambio de arquivos de xeito gratuito:
https://wetransfer.com
https://fromsmash.com/es
https://www.4shared.com
https://www.transfernow.net/es