Preguntas frecuentes

É necesario mercar entradas para asistir?

Non é preciso mercar entradas para asistir á festa da Istoria. É un evento que se desenvolve en toda a vila, especialmente na contorna do casco antigo 

As actividades son de pago, son de acceso libre ou requiren algún tipo de reserva previa?

Practicamente todas as actividades que forman parte da Festa da Istoria (baile, xadrez, voda xudía, desfile, exhibicións de cabaleiros, cetraría, concertos etc.) celébranse en espazos públicos e o acceso é gratuíto.

A única excepción é o Xantar Medieval, para o cal hai que reservar con antelación cada ano, e ten un custo aproximado duns 40 euros. 

Teño que vestirme de época para asistir?

Non é obligatorio vestirse de época para acudir, pero é fundamental se o que se quere é ser partícipe da mesma. Vestir de época contribúe a potenciar o obxectivo principal, que é a representación histórica da Vila de Ribadavia na época do medievo. 

Ademais, certas actividades ou o acceso a determinadas zonas (castelosoamente son accesibles á xente que vén vestida de época. 

Podo conseguir roupa de época na propia festa?

Sí. Existen distintas tendas onde se poden alugar ou mercar os traxes máis adecuados para poder vestirse de época. 

Como podo conseguir os marabedís?

Os marabedís pódense conseguir nas caixas de troco (Casa da Alhóndiga), que ofrecen marabedís a cambio de euros.  Existen distintos puntos de troco repartidos polas principais rúas da vila nas que se desenvolve a festa. O uso do marabedí é obrigatorio nos postos tradicionais que se establecen ao longo do casco histórico da vila, e ademais pódense utilizar en practicamente calquera local de hostalería o día da festa. O uso do marabedí por parte da xente que acode á festa é a forma máis sinxela e efectiva de contribuír para que a festa poida seguir celebrándose. 

Se vou en coche, onde podo aparcar?

O día da festa non é posible aparcar en ninguna das rúas principais da vila. De todos os xeitoshabilítase unha serie de parkings especiais en ubicacións estratéxicas de entrada á vila, que están ben sinalizados. A pesar disto, o propio día da festa a realidade é que non resulta doado aparcar una vez entrada a mañá. 

Onde me podo aloxar?

En Ribadavia existen distintas opcións de aloxamentoHoteishostais e vivendas de turismo rural no núcleo urbano así como na bisbarra. A mellor opción é consultar o portal de turismo de Galicia para atopar tódalas posibilidades de aloxamento máis detalladas. Un consello é facelo con previsión, e facer a reserva coa suficiente antelación porque é habitual que o aloxamento na vila para o último sábado de agosto (que é o que se celebra a festa) se esgote incluso antes do verán. 

Onde podo comer e beber?

Ademais dos locais de hostalería propios da vila, o día da Festa establécese unha gran variedade de postos de comidas e bebidas ao longo do casco histórico. Tamén se habilitan zonas de xantar, con bancos e mesas, en puntos estratéxicos de fácil acceso e rodeados de postos de comida. As zonas de xantar están reflexadas nos mapas que se distribúen ao longo da festa, así como recollidas tamén na APP da Festa da Istoria. 

Dedícome á artesanía, podo poñer un posto? Que teño que facer para iso?

Sí, por supostoTodos os anos actualízase a normativa que regula os postos de artesanía. Para poder montar un posto de artesanía, hai que facer unha solicitude á xestión de postos da festa da historia a través do email mercado@festadaistoria.com. 

Se teño unha emerxencia, a onde debo acudir?

En función do tipo de emerxencia téñense diferentes alternativas. No tocante ás emerxencias sanitarias, o día da festa establécense sempre distintos puntos de atención sanitaria, a cargo de protección civil, cruz vermella e o 061. Ademais do centro de saúde que o día da festa conta cun reforzo especial de persoal. Todos estes postos están debidamente sinalizados nos mapas que se distribúen ao longo da festa, así como localizados a través da APP da Festa da Historia. 

No caso de outros tipos de emerxencias, non necesariamente sanitarias, o máis eficaz é poñerse en contacto co 112 para transmitir a emerxencia. Esto é debido a que o día da festa da Istoria habilítase un dispositivo especial para a atención de todo tipo de emerxenciasCorpos e forzas de seguridadeservizos de protección civil e servicios sanitarios reforzan as súas dotacións para dar cobertura ao plan de seguridade da Festa.