A Coordinadora da Festa da Istoria este curso 2018/2019 creou unha Escola de Música Tradicional, na que o alumnado pode aprender a tocar instrumentos como a pandeireta, a gaita e o tambor. É un proxecto feito con moita ilusión, xa que na vila de Ribadavia non existía ningún grupo de música tradicional, e a Istoria conseguiuno. Hoxe en día temos a Banda da Istoria, que este venres 14 de xuño vai deleitarnos cun Concerto Fin de Curso na Praza da Madalena.
Tamén queremos recordar que está o prazo aberto para o novo alumnado que queira entrar na devandita escola. A idade é dende os 5 anos ata os 100.
Más información: yoly@festadaistoria.com.