O medievo instalarase en Ribadavia durante a Festa da Istoria da man do grupo Gastrafetes, unha compañía de recreación histórica, que se encargará da montaxe do campamento de mercenarios do século XV, coa exhibición de armamento e armaduras e a representación dos oficios da época. Ademais, desenvolverán outras actividades relacionadas coa arqueoloxia experimental, obradoiros, as artes escénicas e espectáculos de rúa e malabares de lume.

Esta é o seu programa de actividades para o sábado 31:

CAMPAMENTO DE MERCENARIOS

Oficios de demostración, exhibición de armamento e armaduras e moito máis
Grupo Gastrafetes
No Castelo dos Sarmiento de 12:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:30

16:00
III CONCURSO DE VESTIMENTA MEDIEVAL
No Castelo (inscricións no punto de información ata as 15:30 horas)

17:30
O MERCENARIO MEDIEVAL
Mostraranse as roupaxes que utilizaban estes soldados
No Castelo dos Sarmiento

18:30
ANIMACIÓN DE RÚA “A LEI DO MEDIEVO”
Na Praza Maior. Remate ás 19:00 no AudItorio do Castelo

OUTRAS ACTIVIDADES DURANTE O MES DE AGOSTO:

  • Obradoiro de confección de cota de malla
  • Actividade: Que é a arqueoloxia?
  • Obradoiro de Sixilografía
  • Charla: Vestimenta dun mercenario do Século XV
  • Obradoiro de teatro: Comedia da Arte e escénica
  • Charla: O patrimonio cultural catalogado do municipio de Ribadavia