Baile medieval

previous arrow
next arrow
Slider

Antes do século XIII a información dispoñible é moi escasa. O pouco que sabemos procede das testemuñas da pintura e escultura e das referencias en literatura e música. Nin en diarios, cartas ou crónicas hai escritos extensos sobre a danza, tipos, como se crearon ou forma de bailala. Hai referencias claras de quen bailaban e durante canto tempo e incluso de quen o facía mellor.

Sabemos que no tempo dos trobadores entre as distintas clases de cancións estaba a canción para bailar ou CAROLA, unha canción para acompañar dunha danza, que parece ser tivo dúas formas: a BRANLE (danza en curro) e a FARANDOLA (danza en liña). A Farandola ten unha orixe antiguísima e persiste en todo o mundo nunha gran variedade de formas. A Branle era unha danza comunal.

No século XIV, o século da Peste, hai moi poucas referencias documentais sobre a danza, aínda que como recolle Boccaccio, no Decameron, os mozos e mozas bailaban dúas veces o día despois das comidas, pero sen referencias o tipo de baile. Se pode considerar “A VELLA ALEMANDA” como unha danza anterior ó século XV, introducida en Inglaterra en 1380 por Sir John Harvey. Así mesmo poden ser consideradas a DUCTIA (introduce a figura da trenza) e a MANFREDINA (introduce a ruptura en catros).

Co século XV entramos nun período do que temos evidencias documentais históricas sobre a forma da danza e a forma de bailala. Son as chamadas BASSE DANSES de Nancy de 1445, as de CERVERA en Lleida e o coñecido como “Libro da Basse Danse de Margarida de Austria” da Biblioteca Real de Bruxelas. En teoría a Basse Danse contén só catro tipos de pasos distintos: un par de simples, un número impar de dobres, un número impar de represes e un paso chamado branle (unha medida).

O grupo de baile “Donas sen cabaleiros”, composto de un total de 50 voluntarias preparan durante dous meses as pezas que bailarán, en dúas quendas o día da Istoria, na Praza Maior de Ribadavia e no escenario do Auditorio do Castelo.

As responsables desta actividade, acoden tódolos anos a cursos de verán de baile antigo a nivel do estado, que especialistas españois e ingleses desenvolven tódolos veráns.