Bando

previous arrow
next arrow
Slider

Como todo bando, este é un anuncio e unha proclamación dun acontecemento, neste caso festivo, que pretende convidar a ribadavienses, ribeiraos e forasteiros a facer súa a ledicia da festa.

Un heraldo, que percorre acompañado por músicos con percusión as rúas e prazas da Vila, fai públicas disposicións e requirimentos para o ornato de fachadas e ventás, para a limpeza das rúas, para a oferta, subministro e presentación de viños e alimentos e, moi especialmente, para asegurar a circulación da moeda oficial da festa: o marabedí.

Despois das noticias e prescricións, remata o Bando da Istoria:

“E por último ordenaron e mandaron, que no que a comida e bebida se refire sexa da abundancia de anos anteriores, así como a hospitalidade de que é habitual neste termo. Que na saída da comitiva repiquen todas as campás que na vila haxa e que tanto as casas da veciñanza, Castelo dos Sarmientos e Casa do Concello, fáganse ondear ao vento todas as bandeiras do Condado, o vento de nosa historia, que se abran as páxinas máis belas e creativas dela, para que ese vento traia a Ribadavia unha Istoria feliz para todos” ( cita do autor: Samuel Eijan ou Meruéndano).