Carreira de pipotes

previous arrow
next arrow
Slider

A Coordinadora decidiu no ano 1999 incorporar esta nova actividade de competición entre os asistentes á Festa.

A Carreira consiste en empurrar un tonel dende a parte baixa da Vila (Cruce do Carballiño), ata a meta situada na entrada á Praza Maior e onde se encontra o Castelo dos Sarmiento.

Cada equipo consta de tres persoas dos cales dous empurran o tonel e outro serve de relevo durante toda a proba.

Ao final do percorrido están a esperar os Condes de Ribadavia que entregan os premios aos gañadores.