Cetraría

previous arrow
next arrow
Slider

A cetraría tivo unha época dourada ó longo dos mil anos que abrangue este período histórico, aínda que o seu maior esplendor deuse nos séculos centrais e finais da Idade Media (X e XV).
Todos os textos medievais que tratan a educación dos cabaleiros, nobres e príncipes, falan do papel importante que xogou a arte de adestrar aves de presa para a caza o longo da historia, sendo os falcóns e os azores os máis apreciados polos nobres. Segundo conta no seu “Libro de los estados” o príncipe D. Juan Manuel, a cetraría era considerada tan importante como as leccións de gramática.
Dentro da Festa da Istoria de Ribadavia, a actividade de cetraría é unha das máis vistosas e esperadas polo público, xa que é un espectáculo ver ós cetreiros no desfile cargando nas súas luvas a falcóns, aguias, azores e bufos reais, que fan as delicias das persoas alí presentes. Pola tarde esta actividade faise no campo de fútbol do Xestal, mediante o voo do engado para os falcóns peregrinos e facendo participar o público con voos de azores e peneireiros de luva a luva, aproveitando ese momento para facer fotos coas aves.