Desfile
Ordenadamente, acompañan a “O-Rei” os seus cabaleiros a cabalo, o cetreiro maior e o paxe portador da espada. A Raíña marcha uns pasos detrás, acompañada das doncelas e mulleres importantes do reino.
Tras a Raíña, o Adiantado Maior do Reino da Galiza, tamén Señor de Ribadavia, que aparece acompañado dos seus cabaleiros a pé
A representación eclesiástica vai encabezada polo Bispo de Tui, diferentes ordes relixiosas e demais membros da igrexa.
Posición destacada teñen os Notables da Istoria, membros do goberno da Vila, e os defensores (soldados e arqueiros) da fortaleza de Ribadavia e as súas murallas.
Acompañan á comitiva os cetreiros, as pezas do xadrez, os saltimbanquis, os malabaristas, os distintos grupos de animación de rúas e o pobo que pecha o desfile.
Abrindo paso á comitiva os Señores da Vila (xigantes) Don Pedro e Dona Ana e o grupo de gaitas da Istoria, que interpretan o Himno do Reino de Galiza
O percorrido realizase pola rúa principal da vila, e finaliza no Castelo dos Sarmiento, onde o Rei, a Raíña e o Adiantado Maior do Reino da Galiza teñen os seus tronos preparados para dar comezo ós actos da Istoria.