O Xantar Medieval lévase a cabo dentro da Igrexa da Madalena, no mesmo centro do casco histórico.

O número de persoas que poden participar é de 85 e o prezo por persoa é de 40 marabedís (40€), podendo gozar de produtos medievais nun ámbito único, decorado e engalanado para a ocasión.

O Xantar será ás 14:30h. do sábado 31 de agosto.

MENU:

  • Empanada de Carne ó estilo Xelmírez
  • Empanada de Chocos na súa tinta
  • Empanada de Xoubas ó estilo Xelmírez
  • Táboa de Selección de Queixos (do país)
  • Polbo do Mosteiro de Oseira á Feira
  • Cabrito ó xeito da Istoria
  • Viños Tinto e Branco Ribeiro da Istoria
  • Auga da Fonte da Prata
  • Froitas da Estío
  • Torta de Castaña do forno do Conde
  • Torta de Améndoa do forno da Herminia
  • Melindres e Amendoados do forno das Nisas
  • Aguardente de Herbas
  • Licor Café
  • Café de Pota

O menú do xantar poderá sufrir algunha modificación segundo mercado.

É imprescindible asistir con vestimenta de época.

O Xantar estára ambientado por:

  • Grupos de Música
  • Exhibición de Cetrería…

Reservas e mais información: yoly@festadaistoria.com

Antes de facer o ingreso contacte previamente con nós.