Programa 2026
11:00h — CAMPAMENTO MEDIEVAL. Ábrense as portas do Castelo dos Sarmiento, onde revive o campamento con xogos, artes e saberes de outrora, activo durante toda a xornada.
18:00h — APERTURA DO MERCADO MEDIEVAL. O corazón da vila esperta co bulir dos mercadores: inaugúrase o Gran Mercado Medieval, cheo de artesáns, aromas e músicas.
20:30h — CONCERTO DE MÚSICA. Concerto na Igrexa de San Domingos a cargo do CORO DA ISTORIA, ENSEMBLE DE «A LIRA». Coro convidado: GRUPO DE MÚSICA ANTIGA 1500.
21:00h — BANDO DA ISTORIA. Lectura do Bando da Istoria: o pregoeiro a cabalo proclama as normas da Festa da Istoria, acompañado dos Tabaleiros da Istoria.
21:30h — PANDEIRETEIRAS DA ISTORIA. A tradición revive coas voces das Pandeireteiras da Istoria, que farán soar a Praza da Madalena.
22:00h — TABALEIROS DA ISTORIA. Música na rúa. Co retumbar dos seus tambores, fan latexar o corazón da festa, marcando o paso do tempo e devolvendo á vida a grandeza do noso pasado.
22:30h — O MALSÍN. (Teatro de recreación histórica). A expulsión dos xudeos de España polos Reis Católicos significou para Ribadavia unha forte labazada no social e no económico… Auditorio «Rubén García», no castelo.
23:30h — CONCERTO DO GRUPO FOLK. Na Alameda: ÓSCAR IBÁÑEZ & TRIBO.
Ao rematar o concerto, na fachada do Castelo, espectáculo de lume da COMPAÑÍA MALATITSCH e PIROTÉCNIA JOSMAN.
10:30h — MERCADO MEDIEVAL e APERTURA DO BANCO DA ALHÓNDIGA. Rúas do centro histórico énchense de vida coa apertura do MERCADO MEDIEVAL, que permanecerá ata a noite, xunto co BANCO DA ALHÓNDIGA.
11:00h — GRAN DESFILE DA ISTORIA. Saída rúa baixada ao Consello ata a fachada do Castelo. PREGÓN a cargo do TEATRO DA ISTORIA e NOMEAMENTO de NOTABLES DA ISTORIA: ás 11:45h celebrarase o solemne acto.
12:00h — AS PORTAS DO CASTELO, ábrense para recibir animación, tiro con arco, teatro, recreacións históricas, música, cetraría e oficios de época. (Só para persoas que vistan traxe medieval ata as 19:00h. Peche ás 22:00h).
12:30h — BAILE MEDIEVAL. As danzas antigas cobran vida, DONAS SEN CABALEIROS DA ISTORIA. Praza Maior.
13:00h — XADREZ VIVENTE. O taboleiro convértese en escenario no castelo, acceso praza Maior. Entrada libre.
13:00h — VODA XUDÍA. Saída da Comitiva Nupcial, desde a rúa dos Fornos ata a Igrexa da Oliveira (só xente vestida de época). Recreación cerimonial baseada nos ritos e costumes sefardíes.
13:30h — DUELO DE CABALEIROS. Especialistas HÍPICA CELTA. Auditorio «Rubén García» no Castelo.
14:30h — CETRARÍA. EXHIBICIÓN. Praza Maior.
14:30h — XANTAR MEDIEVAL, na Madalena (con reserva previa).
16:00h — VIII CERTAME DE VESTIMENTA MEDIEVAL. No Castelo (inscrición ata as 15:30h) no punto de información da Istoria.
17:30h — TABALEIROS DA ISTORIA. Polas rúas e prazas resoan os tambores animando a tarde.
18:30h — CARREIRA DE PIPOTES. Rúa Progreso ata a fachada do Castelo.
19:00h — CETRARÍA. Na Veronza. Grupo «AGUILAS DE VALPORQUERO».
19:30h — GRAN TORNEO MEDIEVAL. Na Veronza. Grupo «ESPECIALISTAS HÍPICA CELTA».
21:00h — BAILE MEDIEVAL E MÚSICA. Auditorio do Castelo. DONAS SEN CABALEIROS DA ISTORIA.
22:00h — PECHE DO BANCO DA ALHÓNDIGA.
23:00h — CONCERTO GRUPO FOLK A RODA. Alameda. O grupo «A Roda» é unha formación de música tradicional con 47 anos de traxectoria, un expoñente da música popular en Galicia.
12:00h a 21:00h — MERCADO ARTESANAL. Rúas e prazas do casco histórico.
Durante toda a xornada — Música e animación poñerán son e alegría á despedida da festa.
