Este ano como novidade comezamos xa as actividades musicais da Festa o xoves 29 de agosto cun novo concerto “Son da Istoria” a cargo do grupo de música folk Habelas Hainas. A cita será ás 23:00h na praza da Madalena.
Habelas Hainas formouse en 2010 cando as catro mulleres que compoñen o grupo, cada unha cunha ampla traxectoria no mundo da música tradicional, se cruzaron no camiño. Forman un crebacabezas onde os seus catro estilos se complementan de forma persoal. O seu punto de partida é a música instrumental de raíz da que se valen, cos recursos dos instrumentos tradicionais, para crear un son enérxico, fresco e orixinal.