Este ano recibimos 94 propostas diferentes para o concurso de carteis, chegadas dende case todas as provincias de España e tamén varias dende o estranxeiro. Laura Pastor Lorente de Madrid, diplomada en Deseño Gráfico e Ilustradora de contos Infantís foi a gañadora desta edición do certame.

Dende a Coordinadora queremos dar as grazas a todas as persoas participantes no Concurso de Carteis de 2019.