Como chegar
Por estrada
Por Ribadavia pasa a Autovía das Rías Baixas (A-52) que conecta Vigo con Madrid e que ademais vertebra o sur de Galicia e a súa conexión co Eixo Atlántico: Ferrol-Oporto-Lisboa.
Ribadavia dispón de estación de autobuses que fan as rutas diarias de conexión coas principais cidades, como Ourense e Vigo.
En tren
Ribadavia conta con estación de tren e conexións diarias dende Ourense e Vigo, así como enlaces (vía Ourense) cos trens de alta velocidade que chegan dende A Coruña e Santiago de Compostela.
En avión
Os aeroportos máis próximos son os de Peinador, en Vigo (a 45 minutos por estrada) e Lavacolla, en Santiago de Compostela (a 65 minutos).
Distancias ás principais cidades
- Ourense: 30 Km (20 minutos por estrada)
- Vigo: 70 Km (45 minutos por estrada)
- Santiago de Compostela: 90 Km (65 minutos por estrada)
- Pontevedra: 94 Km (70 minutos por estrada)
- Lugo: 115 Km (100 minutos por estrada)
- A Coruña: 170 Km (110 minutos por estrada)