A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, desprazouse ata a capital do Ribeiro, Ribadavia, na provincia de Ourense, para dar a coñecer o XXVIII Mercado Medieval que a cidade mindoniense acollerá entre este venres 9 e o domingo 11 de agosto. Durante a rolda de prensa na que presentou o programa desta cita de ambientación medieval estivo acompañada por membros da Coordinadora Festa da Istoria.

Despois de achegarse a Oviedo e Santiago de Compostela, agora Elena Candia convida en Ribadavia –municipio que tamén celebra unha festa de ambientación medieval: a Festa da Istoria- aos veciños e veciñas do Ribeiro, e de toda a provincia de Ourense, a achegarse a Mondoñedo para vivir o Mercado Medieval de Mondoñedo, declarado Festa de Interese Turístico Galego.

Doutra banda, os representantes destas recreacións históricas coinciden na necesidade de realizar un irmandamento entre ambos eventos, establecendo vías de colaboración e intercambio de ideas e grupos voluntarios de música, baile, teatro ….. entre outros.