Programa 2025
10:30h - X CONCURSO DE PINTURA RÁPIDA Ao soar das campás, os artistas toman cabalete e pincel para dar comezo ao X CONCURSO DE PINTURA RÁPIDA, enchendo de cor e maxia as rúas e prazas da vila ata a hora sexta da tarde. 11:00h - CAMPAMENTO MEDIEVAL Abrense as portas do CASTELO DOS SARMIENTO, onde revive un CAMPAMENTO MEDIEVAL con xogos, artes e saberes de outrora, activo durante toda a xornada. 18:00h - MERCADO MEDIEVAL O corazón da vila esperta co bulir dos mercadores: inaugúrase o GRAN MERCADO MEDIEVAL, cheo de artesáns, aromas e músicas. 19:00h - EXPOSICIÓN "X CONCURSO DE PINTURA RÁPIDA" No Club Artístico, EXPOSICIÓN das obras creadas e solemne ENTREGA DE GALARDÓNS do X Concurso de Pintura Rápida. 20:30h - CONCERTO MÚSICA MEDIEVAL A antiga Igrexa de San Domingos énchese de harmonías celestiais co concerto do CORO DA ISTORIA e o ENSEMBLE DE A LIRA, recibindo como coro convidado ao GRUPO OURENSÁN KANTANTIBUS. 21:00h - BANDO DA ISTORIA Entre tambores e trompetas, o pregoeiro a cabalo proclama o BANDO DA ISTORIA, acompañado polos poderosos ritmos dos TABALEIROS DA ISTORIA. 21:30h - PANDEIRETEIRAS DA ISTORIA A tradición revive coas voces das PANDERETEIRAS DA ISTORIA, que farán soar a Praza da Madalena. 22:00h - TABALEIROS DA ISTORIA Música nas rúas a cargo dos TABALEIROS DA ISTORIA, facendo vibrar o pobo co son dos seus tambores. 22:30h - TEATRO "O MALSÍN" Representación teatral de recreación histórica: "O MALSÍN", relato de intrigas e contos da vila. 23:30h - CONCERTO "GRUPO FOLK COANHADEIRA" O palco da Alameda acolle o concerto do GRUPO FOLK COANHADEIRA, cun son festivo que fará bailar a veciñanza e visitantes.
Ao rematar o concerto CORREFOC DIMONIS RAFOLINS. – A noite prende lume cos Correfoc pola alameda e fachada do castelo dos Sarmiento, un espectáculo de lume e pirotecnia a cargo de Correfoc Dimonis Rafolins (Alicante).
10:30h - MERCADO MEDIEVAL E APERTURA DO BANCO ALHÓNDIGA As rúas do centro histórico énchense de vida coa apertura do MERCADO MEDIEVAL, que permanecerá ata a noite, xunto á apertura do BANCO DA ALHONDIGA. 11:00h - GRAN DESFILE DA ISTORIA O pobo xúntase para gozar e percorre as rúas dende a Baixada ao Consello ata o Castelo. 11:30h - LECTURA DO PREGÓN a cargo de D. PEDRO VALDEREY e NOMEAMENTO de NOTABLES DA ISTORIA Na fachada do Castelo celébrase o solemne acto. 12:00h - AS PORTAS DO CASTELO DOS SARMIENTO Ábrense para recibir animación, tiro con arco, teatro, recreacións históricas, música, cetraría e ofícios da época. (Entrada só para persoas que vistan traxe medieval ata as 19:00 h. peche ás 22:00 h) 12:30h - DONAS CON CABALEIROS DA ISTORIA Na Praza Maior, as danzas antigas cobran vida co grupo DONAS CON CABALEIROS DA ISTORIA. 13:00h - XADREZ VIVENTE O taboleiro convértese en escenario do XADREZ VIVENTE, no Auditorio do Castelo. 13:00h - VODA XUDÍA Dende a rúa dos Fornos sae a COMITIVA NUPCIAL, anunciando a voda... 13:30h - DUELO DE CABALEIROS Comeza o duelo de Cabaleiros, ESPECIALISTAS DE HIPICA CELTA, no Auditorio do Castelo. 14:00h - RECREACIÓN DA VODA XUDÍA Seguindo os ritos e costumes sefardíes, coa comitiva ata a Igrexa da Oliveira (acceso só con traxe de época). 14:30h - EXHIBICIÓN DE CETRARÍA Na Praza Maior. 14:30h - XANTAR MEDIEVAL Na Madalena (con reserva previa). 17:00h - VII CERTAME DE VESTIMENTA MEDIEVAL No Castelo (inscricións ata as 16:00h no punto de información da Istoria). 17:30h - TABALEIROS DA ISTORIA Polas rúas e prazas resoan os tambores animando a tarde. 18:30h - CHARLA/ EXHIBICIÓN DA VESTIMENTA DUN MERCENARIO DO SÉCULO XV No Castelo. 18:30h - CARREIRA DE PIPOTES A emoción chega coa tradicional Carreira de Pipotes, dende a rúa Progreso ata o Castelo. 19:00h - CETRARÍA Nova exhibición na Veronza a cargo de AGUILAS DE VALPORQUERO. 19:30h - TORNEO MEDIEVAL Na Veronza. Celébrase, con ESPECIALISTAS DE HÍPICA CELTA. 21:00h - BAILE MEDIEVAL O Auditorio do Castelo acolle o Baile Medieval "DONAS SEN CABALEIROS DA ISTORIA", mentres a Praza da Madalena vibra cos Sons da Istoria. 21:30h - SONS DA ISTORIA OS CHEMIGAL. No corazón da noite, a Praza da Madalena énchese de ritmos galegos que, dende a tradición ata o presente, farán danzar á vila coma nunha festa ancestral. 22:00h - BANCO ALHÓNDIGA Peche. 23:00h - GRUPO DE FOLK "TANTO NOS TEN" Gran concerto na Praza de San Martiño, para poñer o broche musical á xornada.