Concertos
A música ocupa un papel imprescindible dentro da programación da Festa da Istoria, cunha oferta ampla e variada.
Nos días previos na Igrexa de San Domingos ofrécese un concerto no que non pode faltar, como tódolos anos o “CORO DA ISTORIA” (Coral do Club Artístico de Ribadavia) cun contido estritamente medieval, ademáis dun grupo invitado cada ano, que o acompaña, representando un amplo repertorio que vai dende as formas sacras ás manifestacións profanas da lírica trovadoresca.
Nas noites da fin de semana pódese asistir a concertos de estilo folk que dan paso a celebración nocturna da festa, como diversos anos fixeron grupos tales como Luar na Lubre, Kepa Junquera, Treixadura, Tiruleque, Quempallou e moitos máis.
A música, imprescindible na ambientación medieval
No programa deste ano…
- Xoves 29 ás 23:00h: Habelas Hainas (na Madalena).
- Venres 30 ás 20:30h: Coro da Istoria e Albaluna Folk (na Igrexa de Santiago)
- Venres 30 ás 00:00h: Tiruleque (na fachada do castelo dos Sarmiento)
- Sábado 31 ás 14:00h: Cans de Palleiro, os Serandeiros e Banda de Gaitas do Irixo
- Sábado 31 ás 15:30h: Gaeloc Medieval, Wyrdamur e Albaluna
- Sábado 31 durante toda a xornada: Tabaleiros da Istoria
- Sábado 31 ás 23:30h: Pepe Vaamonde Group (na praza de San Martiño)