O viño da Istoria

previous arrow
next arrow
Slider

Cando falamos do Ribeiro o facemos co respecto que supón unha historia chea de referencias a un dos viños mais loados de toda a península, xa o fixo Alfonso X o Sabio nas súas “Cantigas”.

Na actualidade o Ribeiro segue a ser a mais antiga e de maior producción das denominacións de orixe dos viños galegos, e esta Fundación entende que nunha Festa medieval onde se representan feitos acaecidos naquela época, o viño do Ribeiro debe ter un lugar destacado no explicación da Istoria.

Por elo decidiu, que todo o viño que se servira na Istoria fora un Ribeiro de calidade, controlado pola organización e embotellado coa maior dignidade posible. Así na anterior edición vendéronse mais de 10.000 botellas do viño da Istoria, nos diversos postos que aparecen ese día na celebración medieval.

Pola outra banda, e necesario tamén dicir, que gracias a un convenio con Terra do Castelo, un dos mellores viños do Ribeiro, como así o acreditan os diferentes premios acadados a nivel galego e do estado, o Viño da Istoria é un exemplo de promoción cultural, en simbiose entre a cultura do viño e a historia de Ribadavia.