Pregón e entrega de medallas
O Pregoeiro, persoa relacionada con Ribadavia ou ca Festa da Istoria, trata de entronizarnos no medievo e no espírito e cultura dunha vila medieval que trata de desfrutar un día de lembranza en paz e camaradería.
Neste acto de comezo da Festa e co ornato e a presencia do Rei Don Pedro e da Raíña Dona Ana e coa Praza Maior ateigada de xente, vestida de época, pendente de encomezar a Festa, a Coordinadora fai un recoñecemento público a un grupo de persoas que durante os últimos anos teñen colaborado dunha forma desinteresada na organización, enxalzamento ou financiación da Festa.
O Rei nomea Notables da Istoria e os nomeados reciben das súas mans un pergamiño que así o acredita xunto coa Medalla de Prata conmemorativa da Festa da Istoria, exclusiva dos Notables.