Tabaleiros da Istoria

previous arrow
next arrow
Slider

Este grupo de percusión naceu no 2010 e dende o principio foi inserido no programa artístico da Festa da Istoria e a día de hoxe xogan un rol protagonista como grupo histórico oficial.

As actuacións contan con tambores que reproducen un son profundo, forte, violento, ruidoso típico dos ritmos en auxe nos séculos escuros da historia. De feito na idade media coa utilización do tambor non se procuraba unha melodía do son (co que si ocorreu no Renacemento) xa que o que se pretendía principalmente era evocar a atención do pobo.

En particular utilizábanse para sinalar o comezo dun acontecemento importante ou para reunir ao público durante os torneos de cabaleiros. Este grupo conta xa cunha larga experiencia e conseguiron alcanzar unha técnica particular tras estudos e procuras histórico-musicais. O expresivo son do conxunto dos nosos tambores transmite fortes emocións e seduce ao público.

A percusión como forma de expresión

No programa deste ano…

  • Sábado 31 durante toda a xornada polas rúas e prazas do centro histórico