Teatro

previous arrow
next arrow
Slider

Dúas obras se representan alternativamente na Istoria, no espazo do auditorio, “O Malsín”, e a “Endiañada”, calquera delas é unha parte real da historia do Ribeiro e da súa capital, Ribadavia.

No “Malsín”, representase unha historia sucedida coa inquisición onde un veciño de Ribadavia denuncia á súa familia, incluída á súa nai, por xudaizantes, o que fai intervir á Inquisición, que despois de diversos sumarios condena a 8 veciños de Ribadavia. Posteriormente puido comprobarse a falsidade das testemuñas, polo que o pobo matou ao acusador e a Inquisición declarouno herexe, sendo desenterrados os seus ósos e queimados.

A obra “A endiañada”, conta outra parte da historia de Ribadavia, cando o Señor de Ribadavia foi preso por Pedro Madruga e a súa dona quixo formar un exército para liberalo, ao que se negou o pobo. Iso fai que haxa unha subida dos impostos e o meiriño, de acordo coa condesa encadeou a prohomes da Vila incluído entre eles, o alcalde de Ribadavia, o que provocou un levantamento do pobo, que apresou á condesa e ao meiriño, arrastrándoos polas rúas ata a súa morte, repoñendo de novo ó alcalde como primeira autoridade.

Estas representacións fanse con voluntarios que ensaian durante o verán.