Torneo medieval

previous arrow
next arrow
Slider
Os primeiros torneos eran contendas entre grupos de nobres e cabaleiros formando dous pequenos exércitos cunhas normas básicas:

Unha delas era que o primeiro que caese do cabalo tiña que entregar a súa armadura e pagar un rescate como na guerra real.

Segundo contan algúns cronistas da época, moitos cabaleiros fixeron grandes fortunas a conta dos torneos e outros quedaron totalmente arruinados.

A finais do século XII, Reis, nobres e cabaleiros, podían ser recoñecidos de lonxe gracias ós emblemas que ostentaban tanto no peito como nas costas para distinguírense uns dos outros.

O torneo considérase unha das actividades máis importantes dentro da Festa da Istoria de Ribadavia pola súa vistosidade e o poder que supoñen as liortas entre cabaleiros.

Neste ambiente os torneos servían para conseguir máis terras e para desprazar ós rivais.

Diversos autores citan feridas sufridas polo señor de Ribadavia en escaramuzas contra Pedro Madruga, enormemente significativas na historia da vila.

Os Torneos medievais xurdiron cara o ano 1060 atribuíndose a súa invención a un Cabaleiro francés

No programa deste ano…

  • Sábado 31 ás 20:00 na Veronza