Tiro con arco e gastrafetes

previous arrow
next arrow
Slider

Na Idade Media os exércitos estaban moi preparados: arqueiros, infantería, cabaleiros…e cada quen tiña a súa propia función, iso daba lugar a que a maioría das batallas tivesen unha estrutura fixa, organizábanse antes de loitar. Os arqueiros eran os que ían na cabeza do exército. Todas estas guerras case sempre tiñan o mesmo interese para os señores feudais ou nobres, a finalidade para eles dunha batalla era facerse aínda máis ricos e con máis terras.

O tiro con arco é unha actividade medieval que se practica dentro da Festa da Istoria de Ribadavia, a súa exhibición consiste nun concurso entre arqueiros de toda Galicia. Tamén as persoas que asisten ó acto teñen a oportunidade de participar e mostrar a súa puntería.