Xogos para nen@s

previous arrow
next arrow
Slider

De sempre os nenos recibiron unha atención preferente por parte da organización da Festa da Istoria, por ser un núcleo importante de voluntarios, que colaboran durante todo o ano e están sempre dispostos a participar.

Dúas son as actividades específicas que para os nenos e nenas se organizan o día da Festa: os xogos populares e tradicionais e marionetas ou monicreques.

A organización da Festa da Istoria traballa na recuperación de xogos populares e tradicionais e ata o día de hoxe protagonizan a Festa xogos como os seguintes: os de lanzar (a ra, a chave, a billarda, etc.); os de correr e saltar (a pita cega, o pano, a corda, o cabalo, a carreira de sacos, etc.); os colectivos (tirar da corda, lanzamentos, etc.), e outros (romper as olas, o da fariña, a roda, buscar os nenos, etc.).

Para os máis pequenos se representan, tódolos anos, obras axeitadas a súa idade e de ambiente medieval (príncipes e princesas, reis e raíñas, cabaleiros, trobadores, dragóns…) no teatro de monicreques que realizan o grupo de voluntarios do teatro de monicreques da Istoria.

Os nenos son a futura historia dun pobo

No programa deste ano…

  • Martes 27, mércores 28 e xoves 29 de 20:00 a 21:30 na Alameda
  • Venres 30 de 18:00 a 21:00 na Alameda
  • Sábado 31 de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 na Alameda