Onde comer e durmir

Onde comer

Ademais dos locais de hostalería propios da vila (que se poden consultar no portal web de Turismo de Galicia), o día da Festa establécese unha gran variedade de postos de comidas e bebidas ao longo do casco histórico. 

Tamén se habilitan zonas de xantar, con bancos e mesas, en puntos estratéxicos de fácil acceso e rodeados de postos de comida. As zonas de xantar están reflexadas nos mapas que se distribúen ao longo da festa, así como recollidas tamén na APP da Festa da Historia. 

 

Máis información:

Onde durmir

En Ribadavia existen distintas opcións de aloxamento: hoteishostais e vivendas de turismo rural no núcleo urbano así como na bisbarra.

mellor opción é consultar o portal de turismo de Galicia para atopar todas as posibilidades de aloxamento máis detalladas. Un consello é facelo con previsión, e facer a reserva coa suficiente antelación porque é habitual que o aloxamento na vila para o último sábado de agosto, data na que se celebra a Festa da Istoria, se esgote incluso antes do verán. 

 

Máis información: