Voda xudía

previous arrow
next arrow
Slider
En tempos antigos, e hoxe en día nalgúns círculos relixiosos, a elección da parella non era feita polo noivo nin pola noiva senón pola familia, e dentro desta, principalmente os pais eran quen escollían o futuro do seu fillo ou filla.

A cerimonia efectuábase debaixo dun palio chamado Jupá . O oficiante, xeralmente un Rabino, era quen casaba á parella. Despois da cerimonia o noivo rompía cós pés a copa do viño, amosando a súa alegría polo casamento.

Dentro da Festa da Istoria de Ribadavia, a voda xudía limitase a facer unha representación do que en realidade foi. Esta actividade é seguida por centos de persoas, tanto na cerimonia como no seu percorrido polas rúas do casco histórico, debido a singularidade do vestiario e ós cánticos sefardís que recrean o ambiente daquela época.