Adegas de desfrute
Definen unha concepción do mundo que privilexia a adaptación da arquitectura ó produto que aporta valor e sentido ós habitantes de Ribadavia e do Ribeiro. Recolleitas baixo as vivendas, ben orientadas e ventiladas e harmonicamente distribuídas na trama urbana, Ribadavia mostra na Festa da Istoria un patrimonio de adegas e vellos enxidos reflexo físico do seu mellor tesouro: os seus fecundos viñedos e os seus afamados caldos.
As familias adornan e amoblan con elementos medievais, ata o punto de que son verdadeiras pequenas obras de arte, que a organización da Istoria, premia con un recoñecemento á mais lograda.
Alí comen, beben, dialogan, cantan, establecen amizade, os veciños e os visitantes que desfrutan dun espazo singular e diferenciado.
Moitos grupos de amigos alugan estes espazos ou amañan a adega propiedade dalgún deles para integrarse na festa, convidando a outros veciños, amigos e visitantes a compartir bebida e manxares.